Malpicán. Percebeiro. Nacionalista “desde que teño barba” e 21 do BNG pola provincia ao Parlamento Galego.

Xa o BNG contou con vostede para o Congreso e agora faino para o Parlamento galego. Como o fai sentir esta aposta polo seu traballo?

É un privilexio. Son un home da organización e paréceme que o meu traballo é estar onde a organización decida que estea. Son un militante de base e se me nomean de número 3 para as listas do Estado por a provincia da Couña, vou. E se me nomean de 16 para as galegas, pois vou. Coma se non fóra, seguiría a traballar igual.

Como afronta o BNG as eleccións galegas despois dos malos resultados nas Xerais?

É certo que os nacionalistas en Galiza somos minoría, pero tamén é certo que somos unha minoría cualificada. Temos a cabeza no país, pensando para defender este país e que poida producir e vivir mellor.

O nacionalista asegura que a bisbarra precisa un tren de cercanías

Como percebeiro ten moito que dicir sobre os problemas do sector. É a pesca unha das cousas urxentes que se teñen que afrontar nesta vindeira lexistalatura?

É un problema grave que se vén aprofundando desde a entrada do Estado español no Mercado Común Europeo. A pesar de que vén moito carto de Europa, o que vén e para que nós non podamos producir. Nós somos un país que queremos producir, queremos ter barcos, queremos poder pescar. Hai cotas para pescar pero non é por razóns ecolóxicas, é por razóns políticas.

Cales son as propostas do BNG para a bisbarra?

Precisamos un tren de cercanías e agora que polo menos temos autovía hai que rematala e temos que recuperar a peaxe. Non podemos ter unha autovía con peaxe.